Educación e Cultura

O vindeiro sábado 15 de maio, o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga. - Presentación do libro Hemisferio auga de José Carou Rey - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación do libro Hemisferio auga de José Carou Rey

O vindeiro sábado 15 de maio, o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga.

O vindeiro sábado 15 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo,  o autor rianxeiro José Carou Rey presenta a súa obra Hemisferio auga. Xunto co autor, participarán no acto Salvador Laíño (Ilustrador) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Lectura de poemas a cargo  do escritor Anxo Muíños e peche musical a cargo do violenchelista Antonio Florencia Fernández Lavid. Programa enmarcado no Maio Cultural 2021.

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf  981 100 688, ata o venres 14 de maio ás 12:00 h. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Hemisferio auga​​​​​​​

A auga en todas as súas dimensións, sexa en forma de bágoa, de mar ou de choiva, é o eixo condutor desde libro de poemas. Auga canalizada por un sentido musical e rítmico dos textos, que fai destas páxinas unha sorte de caderno de bitácora doído polo desamor. As ilustracións de Laíño non só acompañan, senón que complementan o volume redondeándoo e dándolle o seu propio sentido desde un punto de vista artístico.

Editado por Medulia Editorial.