Educación e Cultura

As SS. MM. os Reis Magos realizaran un percorrido polas parroquias que se poderá seguir pola canle de YouTube do Concello de Rianxo. - Volta a Rianxo das SS. MM. os Reis Magos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Volta a Rianxo das SS. MM. os Reis Magos

As SS. MM. os Reis Magos realizaran un percorrido polas parroquias que se poderá seguir pola canle de YouTube do Concello de Rianxo.

As SS. MM. os Reis Magos realizarán unha volta ao Concello de Rianxo; sairán ás 16.30 horas do Seixiñal de Isorna e continuarán por Leiro, Rianxo, Asados, O Araño e Taragoña para rematar, cunha recepción sen público, no Auditorio de Rianxo aproximadamente sobre ás 19.30 h.

Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo.

Canle Youtube do Concello de Rianxo

Prégase o cumprimento da normativa fronte á COVID-19 - nivel máximo de restricións - e extremar as medidas preventivas:

- Agrupacións de máximo 4 persoas (salvo conviventes)

- Gardar distancia de seguridade e evitar contacto con outros grupos

- Uso de máscara, lavado de mans...

Recoméndase seguir os Reis Magos desde as propias casas ou, de non ser posible, achegarse a un lugar onde se poidan cumprir as medidas de seguridade.

Itinerario previsto

Seixiñal (Isorna) - Isorna - A Fincheira - Urb. A Martela - Arcos Moldes - Estrada de Rianxiño - O Pazo - Asados - Burés - O Araño - Taragoña (volta en Pte. Beluso) - Taragoña - Fachán - O Pazo - Rinlo - Rosalía de Castro - Arcos Moldes - Estrada de Tanxil - Paseo da Ribeira - Praza Castelao - Paseo da Ribeira - Auditorio.