Educación e Cultura

A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro mércores 23 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño. - Titiriberia: O baúl de Barriga Verde - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Titiriberia: O baúl de Barriga Verde

A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro mércores 23 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño.

A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro mércores 23 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só unha persoa convivente adulta acompañando as crianzas.

O baúl de Barriga Verde

O personaxe Barriga Verde percorreu toda Galiza da man da familia Silvent durante o século pasado. Nesta nova versión, da man do titiriteiro cubano afincado en Compostela Lázaro Duyos, chega á vila co mesmo espírito enxeñoso e retranqueiro que no seu día encheu de risa a crianzas e maiores.