Educación e Cultura

ENTRADAS ESGOTADAS - Teatro, Tres vellas (polo menos) de Excéntricas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Tres vellas (polo menos) de Excéntricas

ENTRADAS ESGOTADAS

ENTRADAS ESGOTADAS

Excéntricas presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o espectáculo Tres vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez (Guti).

A función terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas.

Está destinada a un público adulto e ten unha duración de 2 horas.

A entrada é de balde, previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 28 de outubro ao 6 de novembro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio.

Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

TRES VELLAS (polo menos)

No repertorio de todos tres, hai muitos contos que foron contados por vellas, a quen llos contaron outras vellas. Unha progresión xeométrica de vellas. Nunca se coñeceron as vellas de Guti, Quico ou Celso, mais poderian manter unha conversa entre si á luz do carburo ou sobre o hule das cociñas aldeás. Moitas veces, as sesións de contos son sesións de espiritismo, e as vellas aparecen na axuda do narrador que se perdeu nun chiste, ou nun comentario de actualidade, e faino voltar ao rego do relato.
As vellas que depositan neles ensalmos, historias e receitas, pediron e lograron un lugar na escena, por iso este espectáculo mutante preséntase como TRES VELLAS (polo menos).

Neste exclusivo show, só para os gostos mais requintados, manifestaranse as olladas profundas, as mans encalecidas de todas as labouras e o afiado sentido do gosto das vellas, e chegará un momento no que o auditorio sentirá o recendo dos honestos guisados do pasado. E ao rematar, os espectadores, coa boca encharcada, sairán a soñar co prato fumegante da memoria.