Educación e Cultura

Co gallo do Día do Libro, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo levan as Letras Galegas á escena, coa representación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico. - Teatro: Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro: Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico.

Co gallo do Día do Libro, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo levan as Letras Galegas á escena, coa representación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico.

Co gallo do Día do Libro, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo levan as Letras Galegas á escena, coa representación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros - Manifesto rebelde, de Teatro do Atlántico.

A obra será o vindeiro sábado 24 de abril, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo.

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf 981 100 688, do 17 ao 23 de abril, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Libre coma os paxaros

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.

Chámase María Rosalía Rita de Castro.

+ información