Educación e Cultura

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Teatro familiar: Nanda na encrucillada, por Teatro do Improvisto - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro familiar: Nanda na encrucillada, por Teatro do Improvisto

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

O sábado 28 de novembro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto.

Destinada a un público familiar con crianzas de 8 anos en adiante.

Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 20 ao 26 de novembro de 9.00 a 13.30  h en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só un convivente adulto por crianza.

Nanda esperta cun nó na gorxa e decátase de que algo non vai ben na súa vida. Farta de todo o que a rodea, decide emprender unha viaxe sen rumbo, cargada cunha maleta que pesa menos que todos os seus conflitos internos. Presentamos esta obra coma unha crítica aos pretextos establecidos; unha forma de ver máis alá do camiño que supostamente debemos seguir. Unha procura interna, unha dispersión de pensamentos en forma de sátira cómica que espera non só sacarvos un sorriso, senón tamén reflexionar sobre todo o que nos obrigamos a rexeitar.