Educación e Cultura

A brass band Brassica Rapa cun pasacalles, a compañía De Ste Xeito Producións con Feminíssimas e ButacaZero con 32 metros cadrados estarán en Rianxo dentro da programación cultural arredor da celebración do 8M 2021. - Programación cultural arredor da celebración do 8M 2021 Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Programación cultural arredor da celebración do 8M 2021 Rianxo

A brass band Brassica Rapa cun pasacalles, a compañía De Ste Xeito Producións con Feminíssimas e ButacaZero con 32 metros cadrados estarán en Rianxo dentro da programación cultural arredor da celebración do 8M 2021.

O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarría Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas,  tres maneiras de entender o feminismo.

E o domingo 14 de marzo, ás 19:30 h, a compañía ButacaZero representará a obra 32 metros cadrados, unha obra arredor do confinamento.

Ambas actuacións serán na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 1  ao 11 de marzo de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf.  e, se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

FEMINÍSSIMAS

Creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo.
Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven.

Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida da creación colectiva na que estamos a traballar Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e, sobre todo, do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Información sobre a obra teatral Feminíssimas

 

32 METROS CADRADOS - O confinamento a escena

Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m². A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m² é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

Información sobre a obra teatral 32 metros cadrados