Educación e Cultura

- Presentación do libro, Dó de Anxo Muíños - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación do libro, Dó de Anxo Muíños

O rianxeiro Anxo Muíños presenta o seu novo traballo . O acto terá lugar o vindeiro venres 07 de outubro, ás 21.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo.

Acompañando ao autor estarán presentes; Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) Ana Belén Gutiérrez (poeta) e Francesca Shaunch (antropóloga)

“Dó é un desvelamento secuencial, un monllo de epifanías breves, sinxelas, sinceras. A autenticidade destas miniaturas literarias estriba na agudeza, na observación. O estilo escollido obriga. Anxo consigue saír airoso porque entende que a intuición e o símbolo deben vencer ao exceso de racionalidade. A imaxe resulta do desprendemento, de non multiplicar os focos de atención.” Extracto do prólogo de Xosé Carou.