Educación e Cultura

Retómase a programación dos Actos Castelao 2021, adiada polo peche de actividade cultural. - Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos

Retómase a programación dos Actos Castelao 2021, adiada polo peche de actividade cultural.

Xoves 18 de marzo, ás 20.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021:

Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María
Xesús Blanco, vicepresidenta da AC Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños,
alcalde de Rianxo, ademais do autor.

Intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga.

Apertura e peche musical a cargo de Sara García Alcalde (clarinete) e Félix Iago Rodríguez Ramos (bombardino), da Escola de Música de Rianxo.

Organizan: AC Barbantia e Concello de Rianxo

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, do 10 ao 17 de marzo de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as que se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.