Actualidade

- Inicio da formación práctica do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño - Concello de Rianxo

Actualidade

Inicio da formación práctica do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño

O pasado mes de xaneiro o alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, iniciou a parte práctica da súa formación. Composto por 15 persoas de diversas idades, o obradoiro imparte o certificado de profesionalidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (AGAO0208)

Os traballos desenvólvense no recinto do Pazo de Rianxiño e consisten no adecentamento da súa zona exterior, recuperando espazos verdes e axardinados.

Actuarase nunha superficie aproximada de 0,80 ha na que o alumnado-traballador desempeñará as tarefas axardinamento e mellora das zonas verdes e de avaliación e control fitosanitario de plantas, árbores e especies herbáceas.