Anuncios

- Consulta pública cidadá sobre a Ordenanza reguladora da Administración Electrónica - Concello de Rianxo

Anuncios

Consulta pública cidadá sobre a Ordenanza reguladora da Administración Electrónica

Seguindo o disposto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común, publícase o borrador da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica do Concello de Rianxo, coa fin de polo á disposición da cidadanía para consulta pública co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación

c) Os obxectivos da norma

d) As posibles solucións alternativas reguladoras e non reguladoras

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 20 días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no sitio web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.