Educación e Cultura

A nova data para o concerto de Óscar Ibáñez&Tribo é o domingo 08 de agosto. - Concerto de Oscar Ibáñez & Tribo: Nova data - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto de Oscar Ibáñez & Tribo: Nova data

A nova data para o concerto de Óscar Ibáñez&Tribo é o domingo 08 de agosto.

O vindeiro domingo 8 de agosto, ás 21.30 h, celebrarase o concerto de Óscar Ibáñez& Tribo no exterior do CEIP Castelao, concerto enmarcado nas Noites Folc do Verán Cultural 2021. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021.

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ata o xoves 5 de agosto ás 12:00 h. ​​​​​​

Máis información na web de Óscar Ibáñez

Web Óscar Ibáñez

RESERVA PRAZAS PARA EVENTOS DO VERÁN CULTURAL 2021

- As reservas deberán solicitarse na web www.concelloderianxo.gal no espazo destinado a tal efecto e dentro do prazo que se determine para cada actividade.

- Non se permitirán grupos superiores a seis persoas.

- O solicitante disporá de localidade só cando reciba confirmación do Concello (a mera solicitude non é suficiente).

- A confirmación inclúe a indicación nominal de cada localidade (número e persoa), tanto para o espazo principal como para, de darse o caso, o espazo alternativo.

- O lugar de referencia para consultar a información do Verán Cultural (programación, modificacións, suspensións, traslados, medidas etc.) será a web www.concelloderianxo.gal.

- A solicitude de reserva implica a aceptación das condicións das medidas COVID-19 e do proceso de reserva.