Deportes

- Campamentos Deportivos Verán 2023 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Campamentos Deportivos Verán 2023

A Deputación da Coruña adxudicou 5 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos de Verán 2023, dirixidos a rapaces/as  entre 9 e 14 anos (nados entre o día 1 de xaneiro de 2009 e 31 de decembro de 2014), e que estean empadroados nun concello da provincia da Coruña.

Tríptico informativo

Ficha de inscrición

LUGAR

IES ROSALÍA MERA (rúa Archer Milton Huntington, 24 - A Coruña).

QUENDA DE RIANXO

16 ao 21 de xullo (3ª quenda).

ENTRADA

O domingo pola tarde, entre as 18 h. e as 19:30 h. no Centro Rosalía Mera.

SAÍDA

O venres seguinte, entre as 16 h. e as 17 h. tralo almorzo.

INSCRICIÓNS

Ata o 7 de xuño, no concello onde o rapaz/a estea empadroado

Oficina do Servizo de Deportes

981 866 381 – 661 247 136

deportes@concelloderianxo.gal

PRIORIDADE

Terá preferencia o rapaz que non participase no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición.

COTA DE INSCRICIÓN

85,00 €.

DOCUMENTACIÓN

1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada pola nai e o pai ou de ser o caso, polo titor.

2. Fotocopia do carnet de identidade ou do libro de familia.

3. Copia de aboamento da cota de inscrición (posterior á confirmación de praza por parte do Concello).

4. No suposto de ter tratamento específico ou doenza a ter en conta, xustificante médico. Tamén é importante    facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

INCLÚE

Transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

Roupa de rúa (pantalóns, camisas).

Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de  deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina).

Toallas de aseo.

Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante).

Saco de durmir e lanterna.

Gafas para o sol.

Crema protectora para o sol, factor alto.

Chuvasqueiro.

Mochila pequena.

MATERIAL

O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento.

AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Actividades náuticas, deportes ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.

VELADAS NOCTURNAS

Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio
de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

ACTIVIDADES CULTURAIS

Visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.