Xuventude

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Verán Rianxo 2021 - Plan Madruga, do 5 de xullo ao 27 de agosto. - Campamento de Verán Rianxo 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Campamento de Verán Rianxo 2021

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Verán Rianxo 2021 - Plan Madruga, do 5 de xullo ao 27 de agosto.

O Concello de Rianxo vai desenvolver o Campamento de Verán Rianxo 2021. Celebrarase do 5 de xullo ao 27 de agosto, de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h, e contará con Plan Madruga, de 08.00 a 10.30.

Está destinado a nenos e nenas nados dende o ano 2009 ata o ano 2017, cun total de 130 prazas, distribuídas do seguinte xeito:
    Pazo de Rianxiño: 50
    CEP Brea Segade: 40
    CEIP Ana Mª Diéguez: 20
    Centro Cultural  Vicente Vidal de Leiro: 20

O prazo de inscrición comezará o vindeiro luns 7 de xuño, e deberá realizarse mediante presentación de solicitude no rexistro do Concello.

Podes atopar toda a información en https://concelloderianxo.gal/campamento2021.