Educación e Cultura

O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - Ailá en concerto nos Actos Castelao 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Ailá en concerto nos Actos Castelao 2021

O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro,  ás 19.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. No concerto, enmarcado nos Actos Castelao 2021, o grupo Ailá presentará o seu traballo ELO: Un camiño de músicas. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, do 14 ao 21 de xaneiro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as que se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

Ailá

"Ailá" é un proxecto artístico inspirado nas recolleitas históricas dos cantos de transmisión oral na Galiza. É unha proposta pensada para bailar e desfrutar coa música galega dende un prisma moderno e contemporáneo.

Páxina facebook Ailá

Canal de YouTube de Ailá