Educación e Cultura

- Concerto de Elsa Muñiz no programa de Música de Cámara 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto de Elsa Muñiz no programa de Música de Cámara 2021

Elsa Muñiz pecha o Programa de Música de Cámara 2021 organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo.

O concerto da pianista terá lugar o vindeiro sábado 4 de decembro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo.

A entrada é gratuíta e a reserva pode facerse no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas

A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

No caso de dispoñer de localidades dispoñibles, despois do proceso de reserva, poderán recollerse na billeteira do auditorio o propio día do concerto dende media hora antes do comezo.

Elsa Muñiz, pianista e compositora. Comeza os seus estudios musicais con tan só seis anos e fórmase no Conservatorio Profesional de Ribeira. Continua os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Universidade Fryderyk Chopin de Varsovia. Nesta última universidade polaca, completa a súa formación cun posgrado en interpretación musical.

No ámbito da composición, crea un novo concepto para definir a súa música: “o pianotelling”. Isto é unha mestura de literatura e música para piano; cada unha das súas pezas fai referencia a un microrrelato baseado nas súas propias vivencias. Co pianotelling materializado no seu álbum Memories, xa superou o 1.500.000 de reproducións e os 500.000 oíntes en todo o mundo en plataformas dixitais.

Programa

Sete composicións propias incluídas no seu primeiro álbum, Memories:

1. Angrois

2. Presentimiento

3. Vals sentimental

4. Jazz inspiration

5. Varsovia

6. Cuando todo está perdido

7. Esperanza de papel