Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN ESPECIAL DURANTE A CRISE DA COVID-19

ACTUALIDADE

Actividades deportivas nas parroquias

Publicamos a información sobre as actividades deportivas que se van desenvolver nas parroquias do concello. Recordamos que o prazo de inscrición remata o vindeiro xoves, 9 de xullo.

O Club de debate gaña o XI Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística da Deputación da Coruña

Un xurado composto polo técnico de normalización da Universidade da Coruña, Xesús Manquel Mosquera Carregal, a técnica do Concello da Coruña, Julia Rigueiro, a profesora e gañadora da edición pasada por 21 Días co Galego Pilar Ponte e o xornalista Eduardo Rolland, representante do xornal Gciencia tamén gañador o ano anterior e presidido pola deputada de Normalización Lingüística, María Muíño Filgueira e coa técnica da Deputación, Dores Sánchez Alegre como secretaria, valoraron o traballo...

Tarxetas-moedeiro para as persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise da COVID-19

A Consellería de Política Social asinou un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para a posta en marcha dun programa de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situacións de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19, a través de tarxetas-moedeiro para a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia. Persoas beneficiarias: Persoas e familias residentes en Galicia que se atopan en situación de...

Actividades Deportivas Verán 2020

O Servizo de Deportes informa da apertura do prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais Verán 2020. Este ano o programa modificou o seu habitual desenvolvemento por mor das especiais condicións derivadas da emerxencia sanitaria. Como novidade e co obxecto de organizar os grupos, este ano existe un número limitado de prazas para as actividades. No caso de superar o número máximo, realizarase un sorteo. O prazo de inscrición vai desde o 1 de xullo...

Lúa Chea no Barbanza, autocine

O venres 17 e o sábado 18 de xullo, na zona portuaria en Rianxo, terá lugar o auto-cine Lúa Chea no Barbanza. Máis información e entradas no seguinte enlace: https://eventos.emesports.es/inscripcion/autocine-lua-chea-no-barbanza/informacion/

Campamento de Verán 2020

  Este ano o Campamento de Verán 2020 estará adaptado ás condicións extraordinarias derivadas da pandemia da COVID-19, seguindo as medidas e recomendacións das autoridades competentes. Realizarase do 13 de xullo ao 28 de agosto, en horario de luns a venres, de 10:30 a 13:30 h. Haberá opción de Plan Madruga, a partir das 8:00 h. Está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2016, ambos incluídos. As localizacións do campamento serán o Pazo de Rianxiño, o...

16 Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo

Do 3 ao 5 de xullo desenvolverase no Concello de Rianxo, Zona da Zanfona, un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezaseis anos neste 2020. A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades online (en inglés para audiencias non...

EXPOSICIÓN, as pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: a orixe

Do 26 de xuño ao 18 de xullo pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición "As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: a orixe" organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. O acto de apertura terá lugar, ás 20.00 horas, o venres 26 de xuño. O horario de visitas é de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Oferta de cursos gratuítos de formación en liña

O Concello de Rianxo ofrece 200 prazas para que a veciñanza poda acceder a unha selección de cursos de formación en liña. As persoas que soliciten a participación no programa de formación deben ser maiores de 16 anos, estar empadroadas no Concello de Rianxo e dispor de equipamento para a conexión á plataforma en liña (un PC con calquera sistema operativo, tableta ou móbil,  e conexión á Internet) ademais de ter competencias dixitais básicas. O prazo de inscrición...

A piscina municipal de Rianxo reabrirá as súas portas o 22 de xuño

A piscina municipal de Rianxo, xestionada por BeOne, permaneceu pechada máis de tres meses ao público como consecuencia da declaración do Estado de Alarma pola COVID-19. Desde o día 22 de xuño, reabrirá as súas portas despois de implantar múltiples protocolos, medidas de seguridade e hixiene para adaptar o centro á “nova normalidade”. O obxectivo de BeOne é conseguir que o usuario siga gozando da mellor experiencia deportiva, pero con todas as garantías de saúde,...

Presentación do libro Irmandiñas, de Aurora Marco

O venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas. No acto contarase coa presenza da autora xunto con Encarna Pego, profesora e socia de Barbantia, Xesús Santos, historiador local e socio de Barbantia e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo. Tamén terán lugar as actuacións de Barahunda e Tero Rodríguez. Debido á redución da capacidade da...

Medidas de contención da COVID-19 tras a entrada na "nova normalidade"

O luns 15 de xuño o territorio galego entra na chamada "nova normalidade", que pon fin ás restricións impostas polo estado de alarma decretado para frear a pandemia da COVID-19. Actívase a mobilidade polas 4 provincias galegas. Mantense o uso obrigatorio da máscara cando non sexa posible manter unha distancia de máis de 1.5 metros e mantéñense todas as medidas de hixiene extraordinarias. Por norma xeral, as capacidades dos negocios e das actividades limítanse a un 75% da...

Bando informativo sobre as fogueiras de San Xoán

Por mor das medidas de contención da COVID-19, non se permiten, este ano, as fogueiras en espazos públicos.

Reunións por videoconferencia, por sectores de actividade, con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo

Forma de conectarse: A través da plataforma Jitsi, premendo na seguinte ligazón: https://jitsi.concelloderianxo.gal/negociolocal   O acceso á plataforma pódese facer mediante: Dispositivo móbil (teléfono ou tableta) Ordenador persoal (portátil ou sobremesa) En todo caso, os dispositivos deben dispor de cámara,...

Preguntas Fase III - CSD

O Consello Superior de Deportes publicou a súa guía, na que dan resposta ás dúbidas máis comúns sobre a práctica do deporte durante a Fase III. FAQs Fase III - Consejo Superior de Deportes (CSD). Preguntas e Respostas.  

Proceso de selección para a contratación do persoal adscrito ao Programa de Integración Laboral - Deputación da Coruña 2020

O Concello de Rianxo vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación do persoal necesario para o “Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais, anualidade 2020”. O obxecto do Programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral para a prestación dos servizos mínimos municipais e a execución de pequenas...

Deporte na Fase III

Publicamos as principais novidades relativas á práctica deportiva na Fase III e á súa aplicación en Rianxo (máis información no Servizo de Deportes). Ata o momento non se permiten prácticas deportivas en grupo nin deportes colectivos.

En marcha a cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, organizados por catorce servizos de normalización, entre eles o do Concello de Rianxo

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a YouTube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos cinco vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data. Deste xeito, os Premios Youtubeir@s regresan por cuarto ano consecutivo co obxectivo de animar a creación de vídeos con temáticas e formatos...

Medidas da fase III do desconfinamento

O luns 8 Rianxo entra na fase III do desconfinamento. Nesta fase increméntanse as capacidades permitidas nas actividades económicas,  culturais e deportivas. A Xunta de Galicia pedirá ao Goberno de España a mobilidade entre as catro provincias galegas. Mentres tanto, segue restrinxida. Recorda que a máscara segue a ser obrigatoria cando non se poda respectar o distanciamento de 2 metros coas demais persoas.

Ingreso mínimo vital

 O ingreso mínimo vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.  A través deste instrumento perséguese garantir unha mellora de oportunidades reais de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias.  Persoas...

Probas Celga 2020. Reapertura dos prazos de inscrición

Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. CURSO...

Deporte na Fase II en Rianxo

Publicamos a información relativa á práctica deportiva na Fase II e a súa aplicación en Rianxo (máis información no Servizo de Deportes). Normas xerais de uso de pistas polideportivas, instalacións deportivas municipais e instalacións dos clubs Polo momento abren as instalacións de remo e as de...

Reserva de redes de tenis: procedemento, instalacións e recomendacións

A partir do luns, 1 de xuño, poderanse reservar redes de tenis para a práctica deste deporte nas pistas polideportivas descubertas. Preme nas seguintes ligazóns para máis información: Horarios de reserva e instalacións

Axudas nos alugueiros de vivenda habitual para minimizar o impacto económico e social da COVID-19

Tipo de Axuda A contía da axuda será de ata 500 € mensuais no caso de alugueiro ou ata 3.000 € no caso de ter accedido ás axudas reguladas no art. 9 do Real decreto-lei 11/2020. A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da COVID19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.​​​​​​​ Requisitos xerais de vulnerabilidad económica Que a persoa...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da corporación do 28 de maio de 2020

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da corporación municipal para o xoves 27 de febreiro de 2020, coa seguinte ORDE DO DÍA PARTE RESOLUTIVA 1. Aprobación da acta do Pleno ordinario do 27 de febreiro de 2020 2.  Aprobación  do Plan   provincial   de   cooperación   ás   obras   e   servizos   de   competencia municipal (Plan único de concellos) POS +...

Consulta do censo electoral para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020

1. No Diario Oficial de Galicia de data 19 de maio de 2020, publicouse o DECRETO 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o domingo día 12 de xullo de 2020. 2. En cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, co obxecto de que calquera persoa poda presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censuais. Prazo:...

Medidas da Fase II do desconfinamento

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 25 de maio na fase II do desconfinamento. Ábrese a mobilidade sen restricións horarias e para grupos máis amplos, e retómase a actividade comercial e cultural co aforo restrinxido. Sempre, mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións. Ábrense as praias para o baño, que no caso do Concello de Rianxo serán de acceso libre, coas restricións de distanciamento...

Reunións por videoconferencia con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo

Forma de conectarse: A través de JITSI, que é unha plataforma para falar por videoconderencia, premendo na seguinte ligazón: https://jitsi.concelloderianxo.gal/comerciolocal

Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero

O Concello de Rianxo quere homenaxear a Don Ricardo Carvalho Calero, no Día das Letras Galegas 2020, mediante unha pequena publicación onde se afonda un chisco no coñecemento do escritor ferrolán. Pinchade na descarga para descubrila. Descarga da publicación

Rianxo, xuntos por un novo comezo.

Spot de promoción do comercio local.

Agora máis ca nunca, merca no comercio local

Mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercute no concello, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social. O comercio de proximidade, o das nosas veciñas e o dos nosos veciños, estivo aí para nós durante a crise sanitaria. A mellor forma de agradecérllelo é mercar nas súas tendas e contratar os seus servizos. Inviste en Rianxo. Merca no comercio local.

Solicitude de cita previa cos servizos municipais

Os servizos municipais atenderán, durante a desescalada do estado de alarma provocado pola epidemia da COVID-19, de forma telemática preferentemente, e para os casos nos que sexa imprescindible facelo de forma presencial, mediante a concertación dunha cita previa​​​​​​​. Solicitude de Cita Previa cos servizos municipais

Ampliación de prazo de solicitude do acollemento a local non tarifado para a taxa do lixo

Amplíase o prazo ata o venres 15 de maio

Medidas da Fase I do desconfinamento

O municipio de Rianxo pertence ás zonas que entran o luns 11 de maio na fase I de desconfinamento. Ábrese a mobilidade, pero sempre mantendo as medidas de protección e as distancias coas persoas coas que non se convive, e evitando as aglomeracións.

Facilidades para a tramitación electrónica durante o estado de alarma

Dende que se decretou o estado de alarma, deuse prioridade á tramitación electrónica, agás para aqueles trámites imprescindibles. Isto supuxo un problema para os veciños e veciñas que non dispoñían xa dun dos medios de autenticación na Sede Electrónica do concello (certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve), pois debido ás restricións de circulación, non era posible obter novos certificados. Conscientes deste feito, dende este Concello...

Rianxo con boa letra. Documental sobre a industria e a actividade económica no Concello de Rianxo

O sábado 2 de maio estreouse por streaming o documental Rianxo con boa letra, da produtora Xurdir, no que interviron Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto foi presentado por Eva Iglesias.

O proceso de implantación de Software Libre do Concello de Rianxo, destacado polo Open Source Observatory da Unión Europea

O Open Source Observatory and Repository (OSOR), un proxecto da Unión Europea, vén de facerse eco do proceso de implantación de Software Libre no Concello de Rianxo, a través dunha entrevista co noso Departamento de Informática. Tras coñecer a posta en marcha do servidor propio de Jitsi, o sistema libre de vídeo-conferencia, Gijs Hillenius, integrante do OSOR, contactou co Departamento de Informática do Concello de Rianxo para interesarse pola situación do noso concello en canto á...

Bando informativo sobre a taxa de lixo para locais comerciais durante a crise da COVID-19

Os locais comerciais afectados pola crise da COVID-19 poden acollerse a un cambio de tarifa a outra máis vantaxosa durante o segundo cuadrimestre. MDTL Declaración para a modificacion da tarifa da taxa do lixo a local non tarifado pola COVID-19  

Recursos activos ante a violencia de xénero

A campaña Estamos contigo do Ministerio de Igualdade, da Delegación do Goberno, da Secretaría Xeral da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña pon ao noso dispor recursos de como actuar ante a violencia de xénero nestes momentos. + preto de ti  

Rianxo con boa letra. Estrea do documental sobre a industria e a actividade económica no Concello de Rianxo

O sábado 2 de maio estrearase por streaming o documental Rianxo con boa letra, da produtora Xurdir, no que intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ignacio Seijo, director de Xurdir. O acto será presentado por Eva Iglesias. A emisión en directo será ás 20.30 h pola canle de Youtube da produtora Xurdir: https://www.youtube.com/channel/UCGGEa0hV7mTHBfNm--HfXGA ​​​​​​​

O Concello de Rianxo implanta Jitsi, a ferramenta de videoconferencia libre

Jitsi é un proxecto libre de código aberto que desenvolve unha plataforma de vídeo-conferencia múltiple, que pode utilizar o público en xeral como unha alternativa a outras solución privativas como Skype, Hangouts, Duo ou Zoom. Pódese utilizar dende o navegador web dun computador (Linux, Windows ou macOS) sen necesidade de instalar software adicional, ou dende a App para móbiles Android e iPhone. As comunicacións son seguras, non requiren de rexistro previo e as...

Préstamo de equipos informáticos e conexións wifi entre o alumnado

O Concello de Rianxo iniciou o reparto de equipos informáticos entre o alumnado de primaria, que se completará ao longo desta semana con conexións wifi para todos aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan do equipamento e a conectividade necesarios para poderen seguir o terceiro trimestre do curso de forma telemática. A listaxe do alumnado con estas necesidades específicas foi proporcionado polos centros educativos tras unha enquisa cos pais e coas as nais. Os equipos, que...

Nova liña de axudas para adaptar a  produción das PeME's galegas á fabricación de material sanitario e de protección

Co obxectivo de que as empresas galegas poidan reorganizar a súa produción cara a fabricación urxente de material sanitario e de protección, a Xunta aprobou unha liña de axudas dotada con 2,5 millóns de euros, cofinanciada a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa impulsará a reorganización produtiva para facer fronte á emerxencia sanitaria. As axudas, de ata 100.000 € en concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos e...

Aviso ante correos e mensaxes fraudulentas

Aproveitando a situación de crise sanitaria e o aumento do teletraballo e as comunicacións electrónicas polo confinamento, estase a producir un incremento de correos e mensaxes de móbil falsas (que semellan vir da Axencia Tributaria, entidades bancarias, etc.) que están pensados para enganarnos e obter os nosos datos privados ou claves de acceso, coa intención de roubarnos información ou suplantarnos no acceso ás nosas contas ou equipos. SE RECIBES UN CORREO OU...

Nota informativa. Taller de memoria

Ponse en coñecemento daquelas persoas que participan nos talleres de memoria que se imparten no Araño, Asados, Leiro, Rianxo e Taragoña, que ante a imposibilidade de recibir as clases de forma presencial, poden seguir realizando a actividade recibindo as fichas de traballo a través de correo electrónico. Para recibir estes traballos, deberán poñerse en contacto telefónico con: - Concha Tfno.: 696 798 204 -Chus Tfno.: 676 157 672

Subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal

Persoas beneficiarias: Persoas traballadoras que reúnan os seguintes requisitos: Extinción de contrato de duración determinada de, polo menos, 2 meses de duración. A data de fin do contrato ha ser posterior ao 14 de marzo de 2020 (data da declaración do estado de alarma). Carecer de rendas doutro tipo, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, segundo art. 275 da Lei...

AVISO URXENTE sobre as máscaras que repartiu onte o Concello

URXENTE ​​​​​​​No reparto de máscaras realizado onte dábase a coñecer unha dose excesiva no microondas para este produto, que debe reducirse a un máximo dun minuto por cara da máscara. Sentimos as molestias causadas que se irán corrixindo nos vindeiros repartos.

Teléfono social 900 400 800

A Xunta de Galicia activou o Teléfono Social (900 400 800) co obxectivo de ofrecer apoio e acompañamento á poboación galega nesta situación de crise sanitaria, especialmente a aquelas persoas máis vulnerables. Neste sentido, o teléfono social diríxese a varios colectivos, entre eles as persoas que viven ou se sinten soas e queren manter unha conversa. Estas chamadas, que son atendidas por preto de 100 voluntarios e voluntarias inscritos e supervisados pola Xunta de Galicia, serven...

Axudas de Emerxencia Social Municipal (AES)

Regulamento publicado no Boletín Oficial da Provincia. Anexo 1: Solicitude. Anexo 2: Declaración de...

Modificacións fiscais establecidas para este período de abril e maio

Dentro do marco legal actual das administracións públicas, as disposicións legais sobre taxas e recadación do Concello, coa valoración do necesario equilibrio dos recursos dispoñíbeis para pagos a provedores e servizos, estas son as medidas para estes vindeiros meses, agardando mellore progresivamente a situación sanitaria e socioeconómica.