
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
ACTUALIDADE
Saúdo do alcalde polas festas da Guadalupe
Queridos veciños e veciñas de Rianxo, con gran ilusión escribo, un ano máis, unhas breves liñas para darvos a benvida a un dos momentos máis esperados do ano. "Que significan para Rianxo as Festas da Guadalupe?", pregúntanme estes días dende diferentes medios de comunicación. A Guadalupe é máis que unha festa, é a materialización dun sentimento de orgullo polo noso pasado, pola nosa tradición e pola nosa identidade como rianxeiros e rianxeiras. A emoción que calquera de nós...
ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS INVERNO 25-26
Actividades deportivas Inverno 2025, do 22 de setembro ao 19 de xuño. Inscrición en liña: unha vez que se cubran os datos na mensaxe de confirmación aparecerán as instrucións para completar o pago. Formulario de inscrición Por teléfono (981 86 63 81). No Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña.
Andaina Goza do Ulla 2025 - Dodro - Rianxo
O programa de Roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 28 de setembro "As Brañas - Tres Cruces", nesta edición organizada conxuntamente polos servizos de deportes dos Concellos de Dodro e Rianxo. O programa consta dun total de 18 andainas promovidas polos concellos bañados polo Río Ulla. O trazado previsto é lineal e percorre camiños de Dodro e Rianxo, con saída na Lavandeira (Imo, Dodro) e chagada á Rañó (Leiro, Rianxo), pasando por varios lugares destacados da...
CICLO DE CONCERTOS DA BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
CICLO DE CONCERTOS DA BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. DÍA: sábado 13 de setembro HORA: 18.00 h LUGAR: Praza de Rafael Dieste (Rianxo)
Axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar e roupa e material deportivo para o curso 2025-2026.
Hoxe sae publicado no BOP o anuncio do extracto da convocatoria e aprobación das bases destas axudas. Polo tanto o prazo de solicitude comeza mañá 29/08/25 ata o 18/09/25. Poderánse presentar as solicitudes por sede electrónica do concello ou no Rexistro Xeral. Con data 24/09/25 publicarase o listado de requerimentos daquelas solicitudes ás que lle falte documentación ou teñan algún erro.
SOBES AO AUTOBUS DO TEATRO?, A serie Clopen do CDG
SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO?, A serie Clopen, unha produción do Centro Dramático Galego. ” Acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora” Dirección Pablo Reboleiro | dramaturxia Clara Gayo e Pablo Reboleiro Marián Bañobre | Luz García | Johanna Hesse | Raquel Oitavén | Natalia Pajarito | Inés Santos | Guillermo Solo SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? PROGRAMA DE MOBILIDADE DO CENTRO DRAMÁTICO...
Festas da Guadalupe de Rianxo
Festas da Guadalupe de Rianxo. DATAS: do 12 ao 19 de setembro LUGAR: Rianxo MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA: sitio web da entidade https://festasdaguadalupe.gal/
Festival Rock in Rian
Festival Rock in Rian DATAS: 5 e 6 de setembro LUGAR: Parque Galiza (Rianxo) ENTRADAS E MAIS INFORMACIÓN: sitio web entidade https://festivalrockinrian.gal/
Romaría Anual do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
Romaría Anual do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro. DÍA: sábado 23 de agosto LUGAR: Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
Axudas para os permisos de condución clases A2 e B
Axudas para os permisos de condución clases A2 e B, convocadas pola Conselleria de Cultura, Lingua e Xuventude. Importe das axudas: Carné A2: 150 € Carné B: 400 € Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude: Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun...
FESTAS DE ISORNA
FESTAS DE ISORNA DÍA: do venres 22 ao domingo 24 LUGAR: Isorna
Campamento Dixital
O Servizo de Xuventude organiza Campamento Dixital, dirixido a mocidade de 09 a 12 anos, que se desenvolverán en agosto 2025 no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital. O campamento será gratuíto e terá unha duración de 15 días, de luns a venres de 10.30 a 13.30h. A seguinte data será do 25 de agosto ao 05 de setembro. Prazo...
CICLO DE CONCERTOS DA BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO.
CICLO DE CONCERTOS DA BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. DÍA: domingo 24 de agosto HORA: 20.30 h LUGAR: Campo da Festa - Casa da República (Isorna)
Proxección, Antes de nós de Ángeles Huerta
Proxección, Antes de nós de Ángeles Huerta. O filme biográfico sobre a vida de Castelao que narra dous momentos da súa vida. DÍA: sábado 23 de agosto HORA: dous pases, un as 20.00 h e outro ás 22.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 7 anos DURACIÓN: 84 minutos ENTRADAS: De balde ata completar capacidade. Dúas entradas como máximo por persoa. - 1º pase: retirada de...
Titiriberia Rianxo 2025
O Titiriberia 2025 - Festival de Monicreques Tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo en colaboración co Concello de Rianxo, celebrarase en Rianxo do 12 ao 17 de agosto, con máis de 30 funcións a cargo de 19 compañías de Galicia, Navarra, Euskadi, Aragón, Valencia e Portugal, conmemorando os 10 anos do festival. Este ano, o programa incluirá sete estreas absolutas, das cales cinco son novas propostas escénicas de catro compañías galegas. As outras dúas son montaxes...