Regulamento

Regulamento

REXISTRO DE ASOCIACIÓNS

Regulamento do Rexistro municipal de Entidades Asociativas

O Rexistro municipal de Entidades Asociativas do Concello de Rianxo ten por finalidade permitir un coñecemento actualizado das entidades existentes no térmo municipal, así como dos seus fins, representatividade e actividades.

O borrador que agora se entrega para a súa valoración polas entidades foi aprobado na Comisión Informativa de Facenda e Participación do luns 24 de xullo con todos os grupos políticos municipais, coas seguintes observacións:

  • Ampliar o prazo de exposición na web a un prazo de 45 días, ao valorar que carácter vacacional do mes de agosto.

  • Sen prexuízo de que se faga a exposición do texto actual na web, dende a comisión suxírese que se dé mais concreción aos artigos 12, "Criterios para a declaración de utilidade publica municipal" e aos artigos 14, 15 e 16, nos que se regulan os dereitos, as obrigas e a forma de convenio de colaboración.