Participación

Debate sobre o Regulamento de participación cidadá - Participación

REXISTRO DE ASOCIACIÓNS

Debate sobre o Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas

Este debate está aberto á participación de todas as entidades asociativas do Concello de Rianxo. Para participar, é necesario rexistrarse. Suxírese que o nome utilizado permita identificar a asociación que participa no debate.

Foro de discusión

Debate sobre o Regulamento de participación cidadá

Participación, modified 7 Anos ago.

Debate sobre o Regulamento de participación cidadá

Youngling Mensaxes: 1 Data de incorporación: 21/08/17 Mensaxes recentes
Este fío está aberto á participación de todas as entidades asociativas municipais, coa fin de recoller e debater todas as suxestións sobre a proposta de regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas do Concello de Rianxo.
TB
Tobías Betanzos Rego, modified 7 Anos ago.

RE: Debate sobre o Regulamento de participación cidadá

Youngling Mensaxes: 1 Data de incorporación: 21/08/17 Mensaxes recentes
Son Tobías Betanzos Rego, o concelleiro responsable da área de Participación Cidadá, tamén teño responsabilidade na área de Facenda e Económía.
Primeiro, debo saudar a todas as persoas que tedes responsabilidades en entidades asociativas e que por distintas vías sodes convidadas a participar na reunión que teremos o vindeiro venres día 1 as 20:00
Na reunión explicaremos mellor as finalidades e obxectivos que acompañan esta iniciativa de crear o Rexistro Municipal de Entidades Asociativas.
De todas maneiras debemos adiantar que a  intención principal é a de axudar a mellorar o traballo asociativo que entre todos e todas estades a desenvolver e neste sentido o primeiro paso é coñecernos máis.
Así saber que entidades asociativas estamos a traballar no concello de Rianxo, en que áreas ou aspectos, con que obxectivos.
Tamén é moi importante coñecer os recursos cos que desenvolvedes as vosas programacións: recursos persoais, económicos, locais e espazos.
O desenvolvemento das programacións en moitas ocasións require unha comunicación importante coa administración, que dende o concello debemos contribuir a facilitar e axilizar.
A preocupación principal da área de participación é sobre todo acompañar con moito respecto o voso traballo, grande, importante para a sociedade.
A vitalidade das iniciativas que desenvolvedes ademais de enriquecer a toda a comunidade na que actuades, é un exemplo de ilusión e de  dinamismo á que solo podemos achegarnos con recoñecemento e dende esta área de traballo municipal con moita modestia e coa intención de achegar as nosas propostas para se é posible facilitar o voso traballo e enriquecer o traballo asociativo do concello.
Con este ánimo reiteramos dende este foro a convidación a participar na reunión do venres día 1 de setembro e a participar no propio foro.
Quero aproveitar para agradecer dende aqui, todo o traballo e axuda que desenvolveu o presoal técnico das áreas de cultura e deportes, pola súa contribución a facer posible esta convocatoria e todo o traballo de preparación anterior.
En Rianxo a 27 de agosto de 2017
Tobías Betanzos Rego.
Á
Álvaro, modified 7 Anos ago.

RE: Debate sobre o Regulamento de participación cidadá

Youngling Mensaxes: 1 Data de incorporación: 02/09/17 Mensaxes recentes
Como veciño de Rianxo e non como membro de ningunha asociación opino que sería positivo que o regulamento recolla a obrigatoriedade de publicar no portal da transparencia do concello aqueles convenios de colaboración que se vaian pechando, como xa fan outros concellos. Non me quero limitar só a eses convenios, pero é o que atinxe a este tema, pois en Rianxo temos moi esquecido ese portal e a transparencia é un síntoma de democracia e favorece á participación cidadá.