Campamento Urbano e Deportivo 2017

Campamento Urbano e Deportivo 2017

Blog do Campamento Urbano e Deportivo 2017

Xa chegamos ao fin do campamento, e para festexalo realizamos a acampada en Campo Maneiro e a festa no Campo de Arriba. Que bó sabor nos quedou!!! Ata o ano que ven!

Rematamos a última semana do campamento, na que estivemos realizando unhas galletas riquísimas, tarxetas de recordo, xogos populares en deportes.... e unha actividade moi bonita da que vos ensinaremos o resultado nos vindeiros días.

Hoxe rematamos coa celebración da Festa Fin de Campamento, a partir das 11 no Campo de Arriba.

Esta semana recibimos a visita no campamento da concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Normalización do Concello de Rianxo, Raquel García, e aproveitamos para facernos unhas fotos todos xuntos. O campamento xa se acaba, pero hoxe imos pasar a noite máis especial, pois hoxe temos ACAMPADA!!!

 

 

 

 

 

Xa estamos chegando ao final do campamento, pero as actividades non paran. No polideportivo estivemos achegándonos á práctica do voleibol e do fútbol sala. E no campamento estivemos facendo manualidades con gomaeva, acuarelas, fixemos disfraces, xogos tradicionais como a carretilla, o corro da pataca, e tivemos tempo para ver algunha película.

O venres 11 de agosto faremos a saída ao Porto de Rianxo. O horario do Campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida dos nenos e nenas o Colexio Castelao.

 

Xa rematou a cuarta semana, e como sempre, no campamento houbo moitas actividades: cine, manualidades, disfraces, xogos, deporte,...

O venres 4 de agosto, a saída que imos a realizar será ao Paseo Marítimo. O horario do Campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida dos nenos e nenas o Colexio Castelao.

O pasado venres os nenos e nenas do campamento realizaron unha visita á Biblioteca. A bibliotecaria Sofía explicoulles o funcionamento (grazas Sofía), e despois fixeron contacontos e estiveron mirando libros. Para rematar, levaron un recordo feito por eles, un marcapáxinas.

 

 

Esta ano o campamento presentou varias novidades, entre elas o Plan Madruga, unha actividade coa que pretendemos facilitar a conciliación laboral e familiar. Os nenos e nenas que acuden realizan diversas actividades, entorno a distintos temas como o periodismo, as emocións, Rianxo, Londres,...

Unha parte moi importante do campamento é a parte deportiva, onde estas semanas fixeron psicomotricidade, música e baile e baloncesto. Esta semana van a facer xogos con implementos: bádminton, tenis, indiacas,...

O venres 28 de xullo, a saída que imos a realizar será á Biblioteca, onde estaremos lendo libros relacionados coa temática do campamento, o Mar. O horario do Campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida dos nenos e nenas o Colexio Castelao.

**Pregamos, a todos aqueles que non o fixeron, nos remitan copia de pagamento do campamento, grazas.

 

 

 

 

Este fin de semana celebrouse en Rianxo a Feira do Libro 2017, e os nenos e nenas do campamento fomos a participar nas actividades.

O xoves inaugurouse a feira coa actuación de Cé Orquesta Pantasma, polo que algúns grupos do campamento nos acercamos a ver a súa divertida actuación.

O venres fomos ver "O vendedor de fume" por Teatro Gazafelhos, unha obra onde tivemos que participar, cantar e bailar.

Seguimos mostrando como traballan os nenos e nenas no campamento, facendo diversas manualidades con motivos mariños:

 
 

No Campamento, ademais de xogar, cantar, practicar deporte,... tamén estivemos facendo moitas manualidades: barcos de papel, cangrexos, murais, ... Tedes unhas fotos máis abaixo.

Este venres 21 xullo, a saída do campamento vai ser á Feira do Libro, onde imos ver o espectáculo "O vendedor de Fume", por Teatro Gazafellos. Desta obra dinnos:

" Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu deslumbrante carromato cheo de frascos misteriosos convocará ao publico a través da maxia e a música. Ofertará remedios ás e ós presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices que se “camuflarán” entre o público.

Un espectáculo cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!!"

O horario do Campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida dos nenos e nenas o Colexio Castelao.

 

 

Hoxe visitamos a Praia de Tanxil. Alí estivemos collendo algunha cuncha para as actividades que imos a realizar a vindeira semana, ademais de facer xogos con auga, merendar,... Velaí unhas fotiños:

*Recordade que o luns non hai campamento por festivo local. Boas festas!!!

 

 

 

Este venres realizaremos a xornada de campamento na Praia de Tanxil.

O punto de encontro e recollida dos nenos/as será na praia, na zona dos xardíns, no horario habitual, ás 10:30 e ás 13:30.

 

Deberán traer o bañador posto e crema protectora xa botada, unha muda interior e toalla.

Poden traer xoguetes (co nome) para lanzar auga, posto que realizaremos xogos de auga. Non se van a bañar.

 

Os nenos e nenas que van a outras actividades (tenis, patinaxe, fútbol) recollerémolos ás 10:45 no pavillón e nas pistas e levarémolos andando ata a praia.

Estes primeiros días están sendo moi intensos, seguimos ambientado o colexio, facemos xogos do máis diversos, xa empezamos coas actividades deportivas... o campamento é un fervedoiro de enerxía:

Estes primeiros días foron de presentación e ambientación. Estivemos realizando xogos de presentación para coñecernos todos os nenos e nenas, pois vimos de todas as parroquias do concello, e tamén doutros sitios, como Santiago, Teo, Boiro,... polo que estamos a facer novas amizades. Tamén estivemos decorando as instalacións, con banderíns, pancartas, debuxos, pois queremos deixar o noso selo nas instalacións que estamos utilizando.

O venres imos realizar a nosa primeira saída, e como a temática do campamento é o mar, imos a visitar as instalacións do Museo do Mar e as da Aula Activa do Mar.

O horario do campamento é como sempre, de 10:30 a 13:30, e o sitio para deixar os nenos/as e recollelos tamén, o Colexio Castelao. As visitas faranse por grupos, e iremos a merendar ao Campo de Arriba.

Agora unhas fotos destes primeiros días:

Comezamos a andaina do Campamento Urbano e Deportivo 2017 BOGA BOGA – O MAR, e con el este blog, co que pretendemos que as familias esteades ao día de todo o que acontece no campamento, das actividades nas que participan os nenos e nenas, dos xogos, cancións e contos cos que se divirten. Por iso, iremos actualizando o blog contándovos o que fan e mostrando con fotografías e vídeos. Trátase dunha ferramenta máis que nos permitirá abrir o campamento a vós, as familias, e que tamén sexades parte del.

O campamento comeza o luns 3 de xullo ás 10:30 no Colexio Castelao (entrada por rúa Arcos Moldes). Os monitores/as esperarán no patio cuberto cun cartel co ano do grupo. Debedes dirixirvos cada un cara o seu grupo, e os monitores/as xa os situan nas filas.

Pregamos, unha vez estean os nenos/as na fila, esperen no corredoiro da parte central, sen invadir as filas.

Nos grupos de nenos e nenas máis pequenos, pode que este primeiro día non se sintan cómodos ou seguros, polo que podedes entrar un anaquiño con eles, que se habitúen ao sitio, aos monitores/as e aos compañeiros/as con calma.

Este ano non teremos reunión, pero si estaremos a vosa disposición para resolver as vosas dúbidas, recoller recibos, etc, así como tamén vos entregaremos unha folla de recomendacións.

Podedes consultar os grupos nos seguintes listados. Calquera erro que haxa, comunicádeo para poder resolvelo.

Grupos Campamento

 

PLAN MADRUGA

A partires das 8:30 poderedes deixar aos nenos/as no Pavillón polideportivo, onde vos estará esperando a monitora. Ao rematar o plan madruga, xa a propia monitora os levara para o colexio Castelao.

 

Información temática

Normas e recomentacións

 

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS:

Comezarán o mércores 5 de xullo, xa que o luns e o martes serán días de presentacións, coñecer o espazo, aos monitores/as e sobre todo aos compañeiros e compañeiras.

É obrigatorio traer roupa deportiva e tenis para cambiar os días que teñan actividade deportiva. Recomendamos que traian as botellas de auga marcadas cos nomes. Os grupos son:

Grupos 2013 e 2012: luns e mércores, de 10:45 a 11:30.

Grupos 2011 e 2010: luns e mércores, de 10:30 a 12:15.

Grupos 2010 e 2009: martes e xoves, de 10:45 a 11:30.

Grupos 2008, 2007, 2006 e 2005: martes e xoves, de 11:30 a 12:15.

 

Información grupo 2010

 

 

 

 

 

— Resultados por páxina
Mostrando 16 resultados.